Friday 03 de May de 2024

O Concello de Touro implícase na loita contra a violencia de xénero


 

O Concello de Touro maniféstase con motivo do 25 de novembro, Día Internacional Contra a Violencia de Xénero, contra todo tipo de violencia exercida contra as mulleres e mostra o seu apoio incondicional ás victimas da violencia de xénero e as súas familias. Como cada ano o Concello de Touro, a través do Departamento de Servizos Sociais, organiza actividades encamiñadas a concienciar aos veciños e veciñas sobre a lacra que supón a violencia de xénero. Un grupo de mulleres e homes do Concello de Touro movilizáronse para visibilizar o rexeitamento á violencia contra as mulleres.